Como funciona

Sinxelo e fácil de completar, rexistrarte no PROGRAMA GAP resultarache divertido e poderás coñecer novas formas de realizar actividades cotiás dunha forma máis saudable e sostible, reducindo os teus gastos domésticos

 

Como funciona

O PROGRAMA GAP consiste en desenvolver no fogar unha serie de recomendacións que che propoñemos. Céntrase en 4 temas (compra e xestión de residuos domésticos, enerxía, auga e mobilidade) e para cada un deles explícanse 6 sinxelas propostas.

Por exemplo, sabías que se cambias unha soa lámpada do seu fogar por unha de baixo consumo, cada ano aforrarías 115 kWh? Se nos 180.000 fogares que participarán nesta iniciativa fixeramos o mesmo, non só diminuiriamos as emisións de CO2 en case 8.000 toneladas, senón que ademais aforrariamos preto de dous millóns de euros ao ano!

En total son 24 propostas e cada tres semanas poderás acceder a un novo tema non estamos pedindo un esforzo moi grande! Queremos que o máximo número de fogares se apunten para intentar superar a cifra de 180.000 participantes.

Para saber canto cambiamos, pedimos tamén que nos envíes os resultados dos teus esforzos preenchendo uns sinxelos cuestionarios. Isto axudaranos a calcular o beneficio do proxecto para o noso medio natural

Copyright 2009 Plan de Acción Global | TERMOS DE USO
Logotipo del Ministerio Industria Logotipo del Plan Avanza   Lifelong Learning Programme. 
El presente proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea
This project has been funded with support from the European Commission Este proyecto ha sido financiado
con el apoyo de la Comisión Europea